Blogia
A cova do congro

Paseo polas nubes

"El gato que atraviesa las paredes" é umha curiosa novela de Heinlein na que, complentamente ó marge da historia, hai um gatinho que atravesa as paredes "porque es tan pequeño, que todavía no sabe que las paredes no se pueden atravesar". 

Pasa a veces na vida. A mín, alomenos, pásame, coma ó gatinho. Que atraveso paredes por pura inercia e ignorancia, por nom saber que nom se poden atravesar. Pásame, alomenos, ata que umha ráfaga de madurez (já nom som un neno) ponme ante a vista a solidez das paredes, dos muros, dos valados. E a vida convértese, de repente, sem saber cómo, num labirinto de tolos. Comezo a pensar coma um adulto, a buscar umha lógica no labirinto, a procurar umha saída. Corro polos pasilhos sem entender nada. Busco nos mapas, pergunto a outros que buscan tamén a saída, o caminho. Guías nom falhan. Hai gente que, efectivamente, pode elevarse e mirar o labirinto dende arriba. Pensan que iso val de algo. Hai tamén quem se adica a furar os muros : pírricos avances. Hainos que, trabalhosamente, fan umhas ás de plumas pegadas com cera, incluso conseguen voar : pero o labirinto exténdese por todo o horizonte.

Levo um tempo así : atrapado. Tentando desaprender a solidez da materia. Pensando cómo era.

Cómo fun.

1 comentario

Pedro Chosco -

É parecido co da inocência de que eu tentava falar... um simplesmente fai as cousas e passam e nom é normal nem anormal, simplesmente é.
Até que um dia reparas, reflictes (má cousa, \\\\\\\"pensar é estar doente dos olhos\\\\\\\"), e isso tam natural, socialmente é, no mínimo, estranho, difícil, impossível...