Blogia
A cova do congro

O ceo de Checho

Ao longo da minha vida, tenho pensado a miudo que ainda que o dianho nom exista, um inferno tem haber. Tamén dúas vezes penséi que, ainda que Deus nom exista, o ceo tem que existir :

Cando eu tinha 12 anos, marchamos a vivir a Pontevedra. O edificio no que vivíamos remataba de se construir, e todos os que vivíamos alí eramos novos na zona. Como soe pasar nestes casos, os pais organizan a comunidade de vicinhos, os nenos jogamos todos no patio, conhécese todo o mundo, e os rapaces enseguida fan amigos. Nos tamén.
No sexto piso, dous por enriba de nós, vivía umha familia do Opus Dei. Coma toda familia do opus que se precie, tinhan moitos filhos, neste caso ums dez. A máis velha levábame um ano, despóis vinha umha rapaza da minha idade, e así, en descenso, ata o pequeno recén nado. Tanto os pais coma os filhos, mália a um certo hieratismo familiar, eran extrovertidos e alegres. Pero había um neno, dums 10 anos que era um auténtico terremoto. O típico rapaz alegre, jogador, traveso e hiperactivo, que pola súa simpatía daba nome ó resto da familia : os Chechos. Checho era o cuarto filho (segundo home). Era loiro, de olhos claros, de pelo curto i erizado, máis bem pequeño, enjuto, hiperactivo, locuaz, tremendamente gamberro. Tinha a idade do méu irmán pequeno, e estaba por iso a miudo na nosa casa, ou jogando juntos á pelota no patio. Nom séi se polo traste que era, ou polo simpático, pero todos lhe colhéramos um carinho especial a aquel rapaz. Umha noite, sem previo aviso, deulhe um derrame cerebral, e morréu. Tinha entón 11 anos.
Lembro que daquela eu andaba moi desencantado da religión, pero penséi “tem que haber um ceo, ainda que só sea para Checho”.

Este episodio veume á memoria de novo estes días. Na minha mente, por segunda vez, repitéuse a frase. Porque no ceo de Checho, entróu o pasado mércores Teresinha.

3 comentarios

sonia -

(Síntoo moito)
Unha aperta.

adelita -

lamento a súa perda, mr. congro :-( ánimo! :-)

tío Pepin -

Congro, nestes casos non valen para nada as palabras, seino ben, pero non temos outra cousa. Síntoo.