Blogia
A cova do congro

O filho do congro

Comecéi onte este Blog, cun título que me aparecéu na cabeza, saído de nom sei onde. Quizáis do fondo dun mar pouco profundo. Sen embargo, hoje véume á memoria o recordo de cando nacéu o meu filho : despóis de umha noite moi incómoda da súa nai, ás 11 de manhá baixóu ó paritorio. Según entróu, o médico voltóu a sair, e dixo umha frase dirigida a mín, que nom entendín :

- dos kilos novecientos cuarenta

Eu miréino sen saber qué me pedía. Eu nom tinha dos kilos novecentos coarenta de nada. Así que perguntéi :

- ¿de qué?

I el contestóu :

- Su hijo : dos kilos novecientos cuarenta.

Eu nom acreditaba. Nom pasaran nem dous minutos de que entrara no paritorio. Á minha mirada de incredulidade, o médico sorríu, batéu as mans, e engadíu :

- Una anguilita.

0 comentarios