Blogia
A cova do congro

Qué lhe importa a ninguén

Ás vezes, cando escrebo cousas neste espazo -experiencias tan cotidianas coma vulgares, ejercicios de memoria, pensamentos máis ou menos arrogantes- dou en pensar qué lhe importarán a ninguén. Penso ás vezes no leitor defraudado destas linhas que, buscando cecáis algo entretido, algo que lhe divirta, que o traslade, cae no blog, e remata mirando este meu encefalograma, com olhos do médico psiquiatra os que me conhecen, cós do simple forense, os outros. Porque eu, ainda que escrevo por e para mín, sou consciente do médio público do blog, e da gente que o lê.
E penso que, sen o querer, acabo contraendo umha espécie de obriga de escrever, de ter algo que ofrecer a quem pola cova pasa... umha obriga que nom sempre se pode satisfazer.
Entón, coma descargo própio, quixera citar (modestamente) a um grande poeta, que um día dixo :

“Y al cabo, nada os debo; debéisme cuanto he escrito.
A mi trabajo acudo, con mi dinero pago
el traje que me cubre y la mansión que habito,
el pan que me alimenta y el lecho donde yago.”

1 comentario

outra blogueira -

A mim nom me importa. Simplesmente, gosto. Muito. Nom se trata de dévedas, senom de partilhar, penso eu.
:)