Blogia
A cova do congro

Antenas

Cando o ano pasado estiven por Egipto e Tunez, chamóume moitísimo a atençom umha image : no medio do deserto, en chozos que eran apenas catro paredes de adobe, ahí a estaba, no telhado, frágilmente soportada, umha enorme antena parabólica. Nestes países, as parabólicas estaban en cada casa, cada telhado, cada balcón. Pero nom esperaba velas en cada chozo miserável do deserto.

Claro : fai anos a parabólica era privilegio de gente com cartos, de ahí o aparente contraste ao velas num entorno tan probe. Será porque as tornas están cambeando. As do ocio, que nom as da pobreza. O ocio é cada día máis caro. Numha cidade coma Madrid, é cada vez máis complicado fazer algo fora da casa sem gastar umha cantidade de cartos considerável. Cando eu era mozo, en Pontevedra, quedaba com Chelo no Savoy, o Café Central ou o Carabela, e podíamos pasar a tarde enteira falando tranquilamente diante dumha cunca baleira de café. Agora a cousa nom é tan sinxela. Eu gosto de caminhar, pero cando quedo com alguén, tomar un café (morno, para que o bebas depresa) tes 15 minutos para marchar, antes de que o camareiro venha preguntar catro vezes se nom vas tomar algo máis. E já estás doutra volta na rúa, caminhando entre tendas. Alternativas de ocio común : cine/teatro, ir de tendas, umha cea... sume e sigue do gasto.

Existe, claro, o ocio gratuito. Pódese pasear por um parque, pero isto sempre me trouxo ó caletre a image dum hamster dando voltas na rodinha da jaula. Queda, por fin, subir ó Guadarrama, sem dúbida o melhor e máis barato luxo. Pero para iso, ai!, compre tempo, e iso ainda escasea máis que os cartos.

Tudo isto porque esta manhá, caminho do metro, dóume en me fixar nas terrazas que tenhen os pisos da minha rúa. Estes terrazas, originalmente, estaban abertas, i eran coma balcóns nos que se acumulaba o lixo. Có tempo (e bastantes cartos), a gente foinas cerrando com aluminio, e a maioría dos pisos tenhen já a terraza cerrada. Só umhas poucas, as máis probes (penso eu) permanecen ó aire. E nisto fixéime esta manhá : nestas terrazas acumúlanse a maioría das antenas parabólicas da rúa.

0 comentarios