O fato
Cando marchéi de Galiza, levava un fato no que metín varias cousas: ums zocos de Elena Ferro, umha pandeireta de Vilatuxe, umha galega de Fontao, e umhas terribles ganas de voltar. Nestes anos cambiéi os zocos por umhas botas de monte; á pandeireta sustitueuna um sintetizador; a galega voltóu ás minas, e umha indígena desta selva sem sentido ocupa o seu lugar. Já só fica umha cousa no fato. E nom consigo desfacerme dela.
1 comentario
Sonia -
O que deixaba: un amor noutro porto con promesas de voltar.
O que perdín: ese amor.
O que aprendín: que ser galega é moitas veces unha carga porque (no meu caso) non son capaz de encontrarme en ningures salvo preto da mar.
O que me queda: voltar.