Blogia
A cova do congro

Hai que botalos

Venho de ver que o pasado sábado houbo en Ourense umha manifestaçom contra os incendios forestáis. Ou contra o lume, nom sei bem. Sempre me producíu umha profunda pena esa forza malgastada. Nom a da manifestaçom, senóm a da protesta genérica.
Nom se pode protestar contra os incendios, como nom se pode protestar contra a guerra, nem contra o terrorismo, nem contra a pobreza, nem contra a contaminaçom, nem contra o precio da gasolina (sic). Um nom loita contra os conceitos.
Tenho observado que, cada día máis, a gente dirige a rabia contra conceitos genéricos, en vez de enfocala contra os responsábeis de que estes conceitos sexan realidades. Se en vez de manifestaçoms contra a guerra -apagando a sede com cocacolas- se organizasen manifestaçoms nas que se puxera de manifesto os sujos intereses dos invasores, e a posibilidade -na man de todos- de loitar contra eses intereses... Se em lugar de manifestarnos contra a pobreza, levando umha gorra de Intermón fabricada en Vietnam, nos xuntásemos a falar de todo o que nom precisamos, aquelo que os probes fabrican para nós. Se no canto de nos manifestar contra o terrorismo calásemos todos...
Hai nas manifestaçoms algo catárquico, orgásmico (e como tal debilitador), que libera as tensóns, que nos fai voltar a casa contentos de pertencer a un grupo, reafirmados nas nosas convicçoms, felizes de ter "feito algo". En realidade, o único que fazemos é voltar a casa sem a rabia que tinhamos, esa rabia, esa forza que tal vez seja a nosa única forza para cambear as cousas.
Cando os obreiros se manifestam á porta da fábrica, protestando contra os despidos, sabem exactamente o que piden, e a quém lho piden. E o empresario sente medo.
Cando o atentado do 11-M, nom fum protestar contra o terrorismo. Pero fum á porta do PP de Pontevedra, a berrar contra a manipulaçom que fazía un partido. E botáronos. Gostéi profundamente da campanha "Hai que botalos", porque, pese a esa image de políticamente incorrecta por ir contra um partido (¡contra alguien concreto!.. ¿cómo se atreven?), buscava algo moi preciso, e sinalava o caminho.
Pero protestar contra o lume, a guerra, a pobreza...
É complexo, claro, topar responsáveis e formas de arranxar tudo isto, principalmente porque tudos somos cómplices. Esta sociedade na que o explotado é accionista da empresa explotadora (ou de outras). Na que o espectador abraiado polo lume tamén se queixa do precio do papel impreso. Na que o voluntario en Muxía vai tódolos días ó trabalho en coche ("E cómo ha de ir?"). Na que o manifestante contra a guerra nom perde un capítulo de Mujeres desesperadas (envexando, segredamente, a casa que un guapísimo fontaneiro pode ter nos USA).
Somos culpables e, no fundo, sabémolo. Por iso, tras a catarse dumha mani, pensamos que já fixemos algo, e sentímonos milhor.
Pero nom cambeamos nada.
Creo moito no poder da mala hostia. De esa forza que se acumula no interior de cada home cando contempla a injustiza.
Nom nos tiremos contra os capotes. Nom lhe berremos á telefonista. Nom nos desfoguemos inútilmente. Busquemos ó director da fábrica na súa casa. Esperémolo na porta. I entón berrémoslhe.
E si o levamos dentro de nós... botémolo fora.

0 comentarios