Sexta
O venres baixo a comer ó japotalego. Á minha esquerda hai umha parelha interesante. Ambos falan en francés, ainda que el, ó levantarse, descúlpase num castelán completamente livre de acento. Terá ums 40, viste vaqueiros e umha camiseta gris oscura, de manga longa, ajustada. Tem pouco pelo, un par de kilos de máis, e senta de medio lado, um pouco botado para atrás, cumha perna enriba da outra. Fala com aspaventos, movendo os palinhos no aire, subrayando com seguridade ums argumentos que nom podo entender. Ela é magra, tamén 40 anos (peor levados), o pelo negro, con canas, um pouco descoidado. Viste falda oscura e camiseta floxa, cum toque hippie. Senta inclinada sobre a mesa, cos cóbados enriba, e fala sem case abrir a boca. Sostén o cigarro coa man ligeiramente botada para atrás, e usa garfo. Tenta aparentar seguridade, pero nótase que nom está tan cómoda coma el.
Gosto inventarlhe a vida a gente que nom conhezo. Publicistas, penso. Seguramente estudando a lespagnoles (escoito a palavra varias vezes) para algumha campanha de Michelín ou o BNP. Nom están liados, pero deitáronse juntos umha vez. Seguramente numha viage que fixeron a Túnez para umha campanha. Ningún olvidóu o suceso, i el sabe que ela querería repetir. Seguramente levan já varios días compartindo comida, cena, hotel. Pola tarde tenhen umha cita coa jefa de ambos...
Estou tentando maginar a reunión da tarde cando piden a conta para marchar.
Paga ela. Com umha tarxeta de Caixa Galicia.

0 comentarios