Blogia
A cova do congro

Nature vs. Nurture

Que o albarinho vai bem có marisco é umha cousa objetiva. Calquera com paladar pode aprecialo. Pero que um tenedor poida ser máis cómodo para comer que ums palilhos debe de ser cultural.
Que a cor negra combina con todo é objectivo, pero que represente luto é cultural.
Que um compás de 6 por 8 seja axeitado para bailar tamén é objectivo. Que Milladoiro me lembre a Galiza... é cultural?
Eu tería dito que sí hasta o pasado xoves cando ía no coche mirando a chuvia cair nos montes de Verín, escoitando música galega... estaba soando Emilio Cao cando Naoko, com naturalidade japonesa, me sacóu do erro dizindo : “This music seems very suitable for this landscape”

0 comentarios