O reloxeiro Ramón
Igoal que cada día dos últimos 56 anos, o reloxeiro Ramón pechóu a porta do pequeno talher, e subéu pola rúa Real caminho da casa. Ainda que vai velho, a costa nom o cansa, pero Ramón pensa que dende que lhe puxeron o marcapasos, nom sube tan alegre coma antes. O marcapasos. Cando o doutor dixo que lho tinhan que ponher, él nom cambeóu o rostro : simplemente nom sabía qué era iso. Cando lhe explicóu gravemente que o marcapasos era un aparato que lhe tinhan que implantar no corazón, para lhe marcar un ritmo regular, facendo un tic-tac contínuo, a Ramón iluminóuselhe a cara e casi berróu : ¡Un reloxinho!. Sí, coma un reló, dixo o médico, pero um pouco máis delicado. Nom o vou enganar : a operación tenlhe riscos. Nom se preocupe, doutor, dixo Ramón, a mín, un reló, nom me falhóu na vida.
Facía xa catro meses da operación, e o reloxeiro Ramón, que reparara dende antigos Citizen de pulsera ó enorme Junghans da igrexa, estaba feliz de levar, preto do corazón, un reloxinho que lhe marcaba tic-tac-tic-tac-tic os pasos.
Pero hoje Ramón anda un pouco preocupado. El é um home de apretar o tambor e o pinhón, de limpar o trinquete, de cambear roda, platina ou rubí. Pode comprender e reparar o mecanismo de calquera reloxio. Pero o marcapasos, que lho ensenhara o doutor, era de eses modernos, de pilas. Sí, facía tic-tac, pero...
Nestes pensamentos andaba Ramón, subindo a costa da rúa Real, cando, ó botarlhe a man ó reló que tinha nun peto do chaleco, sintéu um forte pinchazo no peito. Detívose un momento a colher aire, pero a dor medróu e sintéu que lhe falhaban as forzas. Tentóu dar um paso máis, pero as pernas nom lhe agoantaron e caeu ó chan.
Na man, o velho Omega marcaba as nove en punto. Antes de botar o último suspiro, Ramón, o reloxeiro, máis cabreado que asustado, acertóu a dicir : ¡Me cagho nos japoneses!

0 comentarios