Blogia
A cova do congro

Os bagyeli

Dende tempo inmemorial, os pigmeos bagyeli cobren os seus corpos completamente de bosta de áakashafù (antílope) para se camuflar e disimular o seu olor cando saen á caça do éenjovu (elefante). Disfrazados deste jeito, chegan mui perto do animal, ata ponherse debaixo del e cravar a lanza directamente no corazón. Tanto tempo levan utilizando esta técnica, que ulir a bosta é um signo de valentía antre os bagyeli. Aqueles que van cubertos de bosta seca merecen um respeto que nom acadan os que cobren os seus corpos com peles e telas. Aqueles que levan o corpo 'limpo' son considerados antre os bagyeli sujos, e, para convivir na mesma aldeia, deben purificarse numha cerimonia na que frotan todo o seu corpo con bosta de éengulube (porco)
A bosta de áakashafù está reservada ós caçadores.

0 comentarios