Os mura
A historia, pensan os indios mura, é um livro que o vento escreve nas nubes. Por iso, nesta etnia da Amazonía, existe um costume : despóis dum día de caça, canso e suado, o caçador, frota as mans nos colhóns, íspese cara ó vento, estende braços e pernas, e deixa que o vento pase pola súa entreperna, polos sobacos, polo peito, polos dedos, e pídenlhe que marche empapado do seu cheiro. Deste jeito, pensan os mura, o vento leva escrita a historia da súa pel, que fará tremer de medo ós seus inimigos, e excitará, pola noite, o sono das mozas virges da tribu.
0 comentarios