Amor e morte
Hoje pasóu por aquí o Melgo, um dos congros máis velhos da ría. Nom sae moito da súa cova en Sálvora, e por iso me sorprendéu. Anda con mal de amores, o probe. Despóis de tantos anos, díxome, ando detrás dumha congra gordinha e fermosa. ¿E ela faiche caso?, perguntéi. Iso é o malo, contestóu, faime moito caso. Abréu os olhos coma só pode fazelo un congro e engadíu : Quere que nos vaiamos reproducir. Eu miréino con seriedade e nom dixen nada. Despóis marchóu por entre os golfres.
Os congros reproducímonos umha soa vez, no mar dos Sargazos.
Para un congro, namorarse sinifica morrer.
Os congros reproducímonos umha soa vez, no mar dos Sargazos.
Para un congro, namorarse sinifica morrer.
0 comentarios