Blogia
A cova do congro

Hábitos alimenticios

Cando como, adoito tragar os peixes enteiros, sem masticar. Nom é que nom goste do sabor das súas entranhas na boca: os fígados de fanecas e lorchos tenhem un sabor a mar delicioso. Pero gosto de tragalos enteiros, sentir que baixan bulindo pola minha gorxa e telos um tempo movéndose dentro de min. Dentro da cova.
Um tempo que nom estou só.

0 comentarios