Blogia
A cova do congro

Ilha-do

Trouxen hoje, para escoitar no trabalho, dous discos : “Al final de este viaje” de Silvio Rodriguez e máis “Kaido” (O caminho do mar) de Himekami. Seguramente nom seja casualidade que os dous falen da viage. Pero o de Silvio é umha viage occidental, porque fala da ‘final da viage’, que, para o home occidental é o importante : chegar a algures. A viage é umha especie de fastidio que um tem que pasar para chegar onde quere estar. Um estuda para rematar a carreira e trabalhar. E trabalha para ter cartos ao chegar a casa. E vai a casa para descansar. E descansa para ir a trabalhar. O sentido de umha acçom é a acçom seguinte. A nosa herdanza occidental : o católico vive para ir ao ceo.
Para o home oriental isto é um sinsentido. Para o oriental, o que importa é a viage : o caminho. O japonés está cheo de palavras que falan do caminho (‘do’), moitas das cais som actividades convertidas en formas de vida : ju-do (caminho da flexibilidade), taekwon-do (caminho do pé e do punho), kendo (caminho da espada), zendo (caminho do zen). O oriental nom pensa en ‘chegar a ser’ um mestre da súa disciplina, senom estar no caminho marcado por ela, e nom chegar nunca.
Ía eu pensando nisto, porque o Kaido, o caminho do mar, é o meu caminho. Um caminho que pasóu por Lalín, sem deixar de ser um caminho de mar. Que anda a pasar por Madrid, sem deixar de ser um caminho de mar. Que pasará por mil desertos : sem deixar de ser um caminho de mar.

Coma o de aquel Odiseo que fixo de Itaca-Do toda a súa vida. Ninguén o expresóu milhor que Kavafis :

Leva sempre na túa alma a idea de Itaca
chegar alí é o teu destino
pero nom fagas o caminho com presa,
será milhor que dure moitos anos
e que chegues já velho á pequena Ilha
rico de tanto ganhado no caminho.
Nom esperes que Itaca che enriqueza
Itaca já che condecéu umha fermosa viage
sem ela, nom houberas partido
pero nom tem máis que che ofrecer.
Se a topas probe, Itaca nom te enganóu :
Sendo velho, com tanta experiencia
saberás sem dúbida o que significan as itacas.

2 comentarios

duarte -

É moi interesante o asunto da viaxe. Non estou moi de acordo co que dis, pois penso que o sentido da viaxe é tamén occidental, e son moitos os exemplos da vida coma viaxe na cultura occidental. Na literatura occidental de viaxes, por exemplo, a viaxe é a protagonista única, dende a literatura clásica grecolatina ata as guías de viaxe actuáis. Ao que te refires ti, persoalmente creo que ten máis que ver co sistema capitalista que basea a súa existencia na consecución de obxectivos materiáis e non espirituáis ou metafísicos. En Matemáticas, por exemplo, falariamos de que un número tende a infinito (por exemplo), que quere dicir que non é infinito nin que vai chegar a el, senón que está nesa viaxe.
Feliz 2007.

sonia -

Me ha encantado (re)leer esto.