Blogia
A cova do congro

Sonhos

Hai quem dí que os sonhos son lembranzas do futuro. Tamén din que son construcçoms da mente consciente cando -nom desconectada completamente- observa os trabalhos de limpeza do subconsciente. Hai quem dí que os sonhos son metáforas das cousas sucedidas (ou desejadas) no día. Pode ser, pero é que eu, esta noite, sonhéi umha metáfora. Tristemente vergonhante, vouna contar :
Num contexto claramente sexual, umha mulher, num autobús, contávame que se deitara com Florentino Pérez, e falávame do seu membro (viril enténdese) : "É coma o Real Madrid : grande, pero nom mete goles)"

0 comentarios