Blogs
Hoje, despóis de varios días sem escrever nada por aquí, déi em cabilar se (whether) tudo isto tem sentido. Quero dizer o blog. Esta especie de exhibicionismo de escrever intimidades, ocorrencias, pensamentos. Como a vizinha que conta a súa vida polo patio interior. O blog tamén é um patio interior, um pátio de comunidade, no que umha maruchi lhe conta a esa vizinha -que no fondo nem conhece nem aprecia- que a vida nom é o que ela pensava cando era nova.
Fazerse ver polos demáis. Exhibicionismo. No fondo, ata o depravado que abre impúdicamene a gabardina na parada do autobús, quere, com ese gesto catárquico, romper a imaxe estereotipada de home, ese guión nom escrito que o converte num persoaje plano da novela de cada día. Fazer algo absurdo, fora do guión. O exhibicionista quere existir, ser UM home (nom se parece a outro exhibicionista, o sapo de gimnasio, que quere crear um persoaje que nom é el : quere desaparecer). O prove home da gabardina quere sentir vergonha, quere sentir excitaçom, quere sentir medo, quere sentir... que existe.
Existir.
Lembro agora umha entrevista a James Oxford na que lhe perguntavam (a traducçom é minha):
- Entón, según você, se ninguén nos observa, nom existimos?
- Bueno, de feito isa é umha ideia romántica. Se ninguén nos observa (e o concepto observar é terriblemente amplo en física), nom existimos para ninguén, pero nom por iso deixamos de existir. En realidade o ser humán é probávelmente o único ser autoconsciente (alomenos na terra), isto é : que é capaz de se observar a sí propio. Nom precisa, por tanto, observador externo para existir. E falo de física, deixando de lado tudo romanticismo.
- Quere dizer que existimos porque nos observamos a nós mesmos?
- Permítame reformular a súa pregunta así : "Um home existe porque se observa a sí mesmo?". O plural é enganoso neste caso.
- Dígame entón se um home existe porque se observa a sí mesmo?
- Así é. De feito, de ahí vem, seguramente, a fascinaçom natural que o home sente polos espelhos. O espelho é a consciencia da autoconsciencia. A fascinaçom do espelho nom é verse a um mesmo. A fascinaçom do espelho é ísta : ver que nos podemos mirar.
I eu penso que probávelmente escrevo este blog coma um espelho no que, de cando en vez me miro a mín propio, coma a um desconhecido, fascinado polo feito de ser eu, polo feito de me poder mirar.

1 comentario
sonia -