Blogia
A cova do congro

Vila-Verde

Fora, no campo
longe de todo o pó e ruido da cidade
está
Vilaverde

Pasóu moito tempo
dende que vín por derradeira vez a igrexa có campanario
alá, en Vilaverde.
Alí foi onde conhecím a umha rapaza chamada Margarida
E biquéina baixo o velho carbalho.
Ainda que eu amaba a Margarida, busquéi a fama
E así, eu marchéi de Vilaverde

Boto de menos Vilaverde
e toda a gente sinxela
Boto de menos Vilaverde
A igrexa, o reloxio, o campanario
Boto de menos o rocío pola manhá, o aire fresco, a escola dos domingos.

Agora, todas as casas
son raras antigüedades
que os turistas americáns devecen por ver.
Fan fotos e din "Meu Deus
Nom é umha vista preciosa?"

E Margarida casóu com Tomás, o tendeiro
e agora tenhen umha tenda

Boto de menos Vilaverde
e toda a gente sinxela
Boto de menos Vilaverde
A igrexa, o reloxio, o campanario
Boto de menos o rocío pola manhá, o aire fresco, a escola dos domingos.

Voltaréi aló
e veréi a Margarida
e tomaremos té, e riremos
e falaremos de Vilaverde
Riremos e falaremos de Vilaverde.

0 comentarios