Para-avalanchas
Deve facer moitos anos, Marga, porque lembro que a conversa tinha lugar na Ponte Nova, de volta do instituto. Era umha de aquelas ideais estranhas que eu tinha na cabeza, e que daba en contarte, quer por ver se tí me comprendías, quer por te impresionar. Estábate a dizer, máis ou menos, que me ponhía de mal humor o feito de me ponher de bom humor a primavera. O que eu quería dizer, Marga, era que pensaba que os méus sentimentos tenhen que ser consecuencia dumha caste de orde interna, e nom de algo tan arbitrario coma a metereología. Producíame, daquela, esa aparente contradicçom, umha inquietude, umha desagradável sensaçom de nom ser dono dos méus pensamentos e sentimentos.
Claro, um, có tempo, descobre que está contínuamente a cambear de humor por cousas tan arbitrárias... Agora mesmo, estóu a escrever inmerso numha estranha melancolía, provocada polo para-avalanchas, de Calamaro. Se escoito Campanades a morts, invádeme a tristeza-rabia-impotencia, así, por esa orde. Cando escoito o final de Glósóli, sinto a liberaçom dum peso que desconhecía. No metro, cada día, sinto a agresividade provocada pola acumulaçom de persoas estranhas pegadas a mín. E cando me encerro no méu trastero, só, rodeado de caixas, umha mesa e ums cuadernos, sinto a tranquilidade de nom sentir nada.
O amigo Cabañas pensa que pode ser sem estar, quero dizer que pensa que podería liberar a mente, darlhe umha existença, sem o séu corpo. Eu penso que nom, ainda que só seja porque sem esas sensaçoms tan arbitrárias, esa mente livre sería, en realidade, umha outra persoa.
Eu o sábado tinha 38.5 de febre. Estaba na casa, entre umha manta de lá e umha manta eléctrica. Objectivamente debía de ter calor. Sem embargo, sentíame xeado, i estaba a tremar de frío. Cómo vou confiar nos meus sentimentos se ata algo tan sinxelo e objectivo coma a evaluaçom da temperatura externa pode estar tam errado?
En Menorca, disque hai a tasa de suicidios máis alta de Espanha polo vento. Contaba Plá que o garbí ("el vent del garbí m’enerva") pon nerviosos aos habitantes do Ampurdán dende a época dos mouros. Din que na Galiza somos calados e nostálgicos pola chúvia. Disque en Andalucía som tan alegres polo sol e a bonanza do clima. Os nórdicos son trabalhadores polo frío. E os caribenhos lacazáns pola calor.
Se iso é certo, os culpáveis da globalizaçom, da uniformidade de carácter que se vai formando no mundo, nom van ser tanto a televisión, Internet, nem as fábricas chinas, senón a calefacçom, o aire acondicionado, as aspirinas.
0 comentarios