Blogia
A cova do congro

Paisaxe urbán

Umha image vale máis que mil palavras, pero cando nom se tem cámara a man, hai que se conformar com un prove travelling de congro :
Azca (corazón financieiro de Madrid). c/ Ourense. Soportáis da acera esquerda (según se baixa). Entre Zara e H&M, sentado no chau hai un indigente sujo e barboso. Dende longe já se aprecia que está a ler. Um pouco máis arriba hai um posto de livros do VIPS. Penso : "vese que lhe derom algún livro". A medida que me achego vexo que nom som livros, senóm revistas. "Colheríaos nalgumha tenda de estas". Ségome achegando a aprecio que son folhetos, e que no chan tem máis. Som folhetos de viages : Travelplan, Soltour...
Está a ler um que se titula "Paraísos olvidados"
Fundido a negro.

0 comentarios