Blogia
A cova do congro

Sexta

Na sexta ligo con Jorge para comer. Ó sair do metro em Callao, a súa estampa de 140 kilos de músculo metidos num áspero traxe de motorista negro, escudrinhando a multitude coa mirada entornada, buscándome, resulta atemorizadora. Venzo o medo e baixamos ó japotalego. Ante un magnífico prato de sushi falamos de esferas de Dyson, estabilidade, velas solares, e da minha escasa habilidade para resolver integráis com cambeo de variables. Despóis falamos dos respectivos trabalhos, as mulheres, e demáis fatigas da vida. A visita á FNAC deriva o tema de conversa ós procesos cognitivos. Num ambente distendido, dou en criticar, entre golpes na mesa (“¡protesto señoría : especulativo!”), as ideas mecanicistas da mente, qualquer intento de reducir o pensamento á algoritmia, por moi paralela e desconhecida que seja. Son tremendamente agradáveis estas conversas nas que o proceso generativo da mente nom se ve entorpecido polo, geralmente máis eficiente proceso crítico de forma que um fala, inventa e especula sem conto. Nas fronteiras da ciencia, ambos paramos na aduana, e pagamos peaxe das mercancías que, de contrabando, tentamos colar. Ó final rematamos falando das ideias de outro contrabandista, James L. Oxford, sobre a teoría da mente e o universo. Querería falar máis do tema, pero o meu conhecimento é moi limitado. Avergonhado por tirar a pedra e esconder a man, retírome discretamente.
Pese ó cansanzo, ainda ligo con Manu para ir a Ikea (¡cómo me gustaría desear todas estas cosas que no necesito!), e merco um pequeno estante para o sinte. Chego á casa canso, sem forzas. Pero aínda ven Anita, que lhe acaba de lembrar ó cunhado que é un cornudo, e pensa que é melhor desaparecer um tempo da casa. Fica a durmir, e son as dúas da manhá.

0 comentarios