Blogia
A cova do congro

Chauvinismos

Por moito que apreciemos a diversidade, a variedade, e o cambeo, aquelo que nos diferencia (idioma, raza, clase social, sexo) tem sempre um valor intrínseco para nós. Por iso temos esa especie de desprezo soterrado (sucedáneo: condescendencia) para com os grupos distintos. Esta actitude, de apreciar o noso máis que qualquer forma alhea, é o chauvinismo.
O chauvinismo é natural no home, como a fame, ou o desejo, por muito que nom seja elegante lucir estas galas en sociedade. Pero a elegancia é cuestion de modas. Por iso, ao ver onte La boulangère de Monceau e máis La Carrière de Suzanne no Pequeño Cine Estudio, chamóume a atençom o feito de me chamar a atençom a misoginia que rezuman ambas películas, que tanto gostéi cando era máis inocente. Porque a misoginia nom é senón o chauvinismo sexual no seu estado básico, i é tan natural como qualquera sexismo, racismo, ou, más preto, simplesmente pensar que o noso filho é máis guapo, máis inteligente, ou máis bon. Negar esta inclinaçom é ceguera ou hipocresía.
Pero reconhecer os chauvismos nom é justificalos. Ó contrario, é a forma de comezar a se conhecer a um propio, e conhecer ao outro, fazerse consciente das diferencias, para, umha vez apresentados, jogar o jogo da convivencia: ese jogo de pequenos desprezos mutuos, ese baile no que dúas pessoas se empuxan levemente (sem se pisar), coa elegancia dum chotis, umha lambada ou um chachachá.

1 comentario

i.a. -

tem você umha visom mui pouco construtiva do baile, por nom dizer directamente que nom sabe bailar :-P