Kurgans (I)
Dos kurgans, tribus caucásicas da idade de bronce europea, chegóu ós nosos días umha lenda de crueldade e barbarie, só comparável, seguramente, á dos hunos atiláns. Dise que os kurgans nacían e morrían a lomos dun cabalo, que nom conocían o medo, e que podían durmir nun cabalo ó galope. Dos nenos kurgans, dise que nacían con dentes, e que, desque sabían gatear, disputaban cós cans a carne que os seus pais botavam. As mulheres kurgans, en absoluto menos bravas que os homes, deron lugar ás historias de amazonas que Heredoto recolhe no libro IV da Historia. Umha mulher kurgan -conta Herodoto- nom podía desposar sem antes matar um inimigo. Ainda que Herodoto nom o explicita, no delirio da loita, a guerreira chegaba a miudo a copular có inimigo antes de acabar com él. Esta image de guerreira cabalgando ó soldado moribundo dou origem ás lendas germánicas das walkirias(1), as semi-deusas que levavam ó paraiso aos guerreiros mortos na batalha. A cerimonia de boda tinha tamén o carácter violento de todo o kurgan: consistía literalmente na violaçom do home por parte da moza virge, ajudada pola súa nai. Se o home nom oponhía suficiente resistencia, era rejeitado pola famila da moza. Se, polo contrario, a moza nom era quem de consumar a violaçom, entón a rejeitada era ela.
Os kurgans foron tradicionalmente considerados umha cultura ágrafa. Sem embargo, descobrimentos recentes demostran que practicaban umha primitiva forma de escritura, que consistía básicamente numha representación de unidades fonéticas (principalmente sonidos guturais e linguovelares) mediante escenas de loita nas que se profería un berro semelhante. Así, por ejemplo, anvl (nacer) escribíase mediante un debuxo que representaba a carga con hacha (voz an!) e máis o debuxo do ataque con arcos (völ!). Este recente descobrimento, obrigóu a revisar a gran colección de debuxos kurgans que se conserva no museo arqueológico de Lviv (Ukrania), no que un equipo interdisciplinar formado por criptofonólogos e paleógrafos descifróu este poema :
En Norsca matéi dez(2) homes
Caminhando cheguéi dende Nuth
Cómo te hei conquistar, bravo guerreiro
sen nom tenho kihn(3)?
---------
(1)Os linguistas fan derivar a voz walkiria (walküre) de wal (matanza) e küren (elegir) : a que elige na matanza (quém vai ir ó Walhalla). Igoalmente podería ser derivado de wohl + kürhen : bela kurgan.
(2)Os kurgans só tinhan palavras para contar ata dez. A palavra dez sinifica, en realidade, qualquer número superior a dez. O sentido da frase sería polo tanto decenas de homes
(3)Verso de traducción compleja, posível jogo de palavras kurgan, ja que kihn sinifica tanto cabalo coma nai.

0 comentarios