Kurgans II
Coma tantos povos dende o neolítico, os kurgans practicaban umha sorte de politeísmo panteista. A trinidade sagrada dos kurgans estaba formada polo Touro (tur urus) deus da terra, o Corvo (koraks), deus do submundo e a Águia (edel-ar, literalmente, paxaro noble). Entre os tres, o máis importante, sen dúbida era Edel-ar, o deus que vixía dende o alto, o deus que ve pasado e futuro, o deus da justiza e a paz.
Edel-ar era, para os kurgans, o símbolo da paz. Pero os kurgans entendían a paz, nom coma um estado de abandono e reposo, senón coma um trabalho activo para conseguir a armonía coa natureza, incluso se precisava de loitas, guerras, ou a aniquilaçom dos povos hostiles. Lógicamente, nestas condiçoms, esta águia da paz, a eirene aetos de Herodoto, que era o estandarte nas invasións kurgans, deseguida foi identificada, no resto dos povos de Europa, como símbolo da guerra, a destrucción, o mal, e máis tarde, do demo.
Os kurgans desapareceron coma cultura alá polo século V a.C. pero o icono de Edel-ar pervivéu ata os noso días, e aparecía, por ejemplo, na simboloxía nazi, ó lado de outro antigo símbolo da paz : a cruz solar ou esvástica.
O símbolo tem umha longa tradición hermética, e foi usado polos alquimistas e cabalistas medieváis. Conocedores da natureza dual do mal, usaron a forma bicéfala de Edel-ar coma representación do Jano bifronte, o andrógino, a unión de contrarios, o elixir. Así, o eirene aetos volta aparecer nos escritos de Lulio, Paracelso, ou Trithemius, nom coma símbolo do mal, senón como símbolo do amor creador, a morte renacedora, a unión armónica de contrarios.
Pero os auténticos herdeiros do culto kurgan á águia da paz, os seguidores da tradición hermética que basa o poder na unión de contrarios, auténticos conquistadores da paz pola espada, brazo armado da masonería, foron os monjes guerreiros, os Cabaleiros da Orde do Temple. É precisamente na catedral de Chartres, umha das cinco catedráis templarias de Francia, onde, nos catro capiteles que sostenhen umha das bóvedas de crucería, pódese ler a fórmula :
EDLAR VENIT EIRENE VINCIT
literalmente cando a águia chega, a paz vence.

0 comentarios