Tormenta
Amo os días de tormenta, cando o mar bate con forza nas pedras, as ondas saltan no vento, o silencio do mar muda nun rugido grave, e nom hai día despóis da noite. Neses días o mar ferve en actividade : os burases bulen a comer as algas arrancadas polo mar, os pintos a chuchar nos golfres, os sargos a crevar mexilóns, e as rabalizas a perseguir ós burases a perseguir a algas, no mar revolto, na corrente. Eses días, máis que habitado, o mar semelha vivo.
Neses días eu fico no fondo da cova, quedo, alheo.
Neses días eu nom pertenzo ó mundo.
Neses días eu fico no fondo da cova, quedo, alheo.
Neses días eu nom pertenzo ó mundo.
0 comentarios