Blogia
A cova do congro

O pequeno Ulises

Tempos

Álédame ver ao meu filho dizer com orgulho "eu som bilingue" porque fala castelán e galego. Cando eu era um neno, a ninguén se lhe ocorría tal cousa. Nos eramos diglósicos.

Fai já ums anos, topéi a Paco Trigo paseando polo Mosteiro de Carboeiro, en Merza. Eu ía só, i el estaba coa mulher, e a súa filha de 3 ou 4 anos. Contoume que conhecía o lugar dende facía tempo, e que estaba alí para lho amosar á nena "para que aprenda, dende pequena,  a apreciar as cousas que pagan a pena".

En Madrid nom temos mosteiros góticos nem umha natureza como a de Merza, así que eu aplico o conselho de Paco á minha maneira. Onte decidín lerlhe ao meu filho algo de poesía. Colhín ao Sr. Machado, a Benedetti, e máis ao tío Pepín. Lín versos sinxelos, afectando a voz um pouco de máis para despertar o seu interese. Ao rematar perguntéilhe qué lhe parecera. Xohán sorríu e díxome : "Bem. Agora podo baixar a xogar ó parque?". Marina esperábao abaixo. I é que, Xohán tamén tem a súa propia idea das cousas que pagan a pena.

Pequeno Ulises

Os detalhes melodramáticos que tem ás vezes a vida nom deixan de me sorprender. O domingo pasado o meu filho e mais eu tomamos o caminho de Madrid, numha aventura de incerto final. Coa súa nai no polo norde, decidimos que, de momento, vinhera viver comigo. Saíamos da Ilha pola ponte cando lhe dixen que elixira um disco para escoitar durante o caminho. É certo que nom había moita variedade, pero entre os dez discos que lhe paséi, devolvéume um : Viatge a Itaca. Tí sabes o que era Itaca, Xohan?, preguntéi. Nom. Entón, sobre a música de fondo de Lluis Llach, contéilhe a historia de aquel guerreiro que saíra da súa Ilha para umha guerra, e que tardóu toda umha vida en voltar. A viaxe de Odiseo, sempre caminho da Ilha, sempre aprendendo a vivir.

"chegar alí é o teu destino
pero nom fagas o caminho com presa,
será milhor que dure moitos anos
e que chegues já velho á pequena Ilha"

Xohán sorría no asento de atrás. El nom sae para toda a vida. Coma Ulises, vai a umha aventura dum ano.

De momento já o está a loitar cada día cós triángulos isósceles e os restos das divisións. E durme cada noite, ironías do destino, junto a súa nai.