Blogia
A cova do congro

Fai já ums anos, topéi a Paco Trigo paseando polo Mosteiro de Carboeiro, en Merza. Eu ía só, i el estaba coa mulher, e a súa filha de 3 ou 4 anos. Contoume que conhecía o lugar dende facía tempo, e que estaba alí para lho amosar á nena "para que aprenda, dende pequena,  a apreciar as cousas que pagan a pena".

En Madrid nom temos mosteiros góticos nem umha natureza como a de Merza, así que eu aplico o conselho de Paco á minha maneira. Onte decidín lerlhe ao meu filho algo de poesía. Colhín ao Sr. Machado, a Benedetti, e máis ao tío Pepín. Lín versos sinxelos, afectando a voz um pouco de máis para despertar o seu interese. Ao rematar perguntéilhe qué lhe parecera. Xohán sorríu e díxome : "Bem. Agora podo baixar a xogar ó parque?". Marina esperábao abaixo. I é que, Xohán tamén tem a súa propia idea das cousas que pagan a pena.

0 comentarios