Blogia
A cova do congro

Novembro

As postas de sol som umha das máis fermosas e complejas obras de arte da natureza. Para ter umha boa posta de sol, compren grandes nubes que o reflexen, pero nom demasiadas que o tapen. Tampouco podem estar demasiado baixas, ou ficamos sem horizonte. Nem demasiado altas, ou o reflexo bermelho irá cara ó ceo. Venho comprobando, nos últimos anos, que estas condición danse com máis frecuencia no mes de novembro, e que as máis fermosas postas de sol som as deste mes. Durante este mes sempre hai grandes cúmulos brancos viajando errantes polo ceo, bastante altos, que serven de lenzo propiciatorio a eses raios de sol que pintan de roxo o ceo, cedo dabondo (tras o cambeo de hora), para desfrutalo : sobor das 6 da tarde. Um dos melhores recordos que tenho do meu anterior trabalho era ese : o alto de Mendez Alvaro, e as postas de sol que se desfrutaban no mes de novembro, ó sair do trabalho. Eu baixaba pola rúa Acanto, pasaba os cines UGC, e, no momento de virar á dereita e enfilar a rúa Ombú, sem obstáculos para a vista, o espectáculo do ceo deixábao a um sem alento. O curto traxecto dende os cines ata a estaçom de cercanías (onde Ombú viraba á esquerda) era umha maravilha que pagaba polas 9 horas de trabalho. Nom se pode descreber umha posta de sol (tampouco se pode fotografar). Afortunadamente pódese lembrar. Cando eu chegaba a casa já era noite, pero a memoria desa luz ainda duraba.

O venres, cando ía caminho de Galiza, ó pasar Benavente e enfilar a A-52, tiven oportunidade de desfrutar de novo dumha de esas espectaculares postas de sol de novembro. Com o horizonte dos montes do Padornelo ao fondo, cum ceo sembrado de nubes altas, que ían mudando, aos poucos, os tons brancos por bermelhos (moito máis tarde a gris), eu conducía cum sentimento de felicidade que vinha de ese caminhar cara á posta de sol. Coma se a cor bermelha quecese a vista e o corpo, coma se fose já um adianto do fogar, coma se fose peregrino dum apostol San Julián, ou da Virxe do Carmen, eu conducía cara a posta do sol. Cara Galiza.

Onte, domingo, na volta a Madrid, o ceo era de novo propicio, e o espectáculo da posta de sol de novembro seguía a se amosar no ceo. Pero esta vez eu íao deixando á espalda. E como sucede ás vezes coas obras de arte, estaba a deixar no meu ánimo um pouso acedo. I eu entendín : á beleza hai que evitar mirala polo espelho retrovisor.

3 comentarios

sonia -

Para min, as mellores postas de sol son no vran cun raso ceo vermello ardendo contaxiado da luz do Astro que está a piques de caer no mar.

O congro -

Voltamos coincidir. O guardador de rebanhos paréceme umha das máis grandes obras do século XX.

tío Pepin -

Fernando Pessoa dixit (sinto empregar unha tradución, pero é o texto que agora teño máis a man):
"Porque la luz del sol vale más que los pensamientos / de todos los filósofos y todos los poetas."