13/9
Comeza fazer frío. O termómetro marca 20 graus dentro da casa. Tardo máis do necesario en escolher garabata. Saio có tempo justo.
Na entrada do metro, um rapaz negro infórmame de que No hay problema sin solución, que o gran mago africano tem remedio para tudo : dende umhas migranhas a um mal de amores.
A volta ó cole nótase no metro. Vai abarrotado. Desgóstame esta situaçom porque nom topo umha parede na que me apoiar, e tenho que agarrarme á barra para nom cair. A barra, que está suja de toda a gente que tuse nas maos. Hoje volto levar um livro. Repaso (agora em catalán) El quadern gris.
- Vós, si tinguéssiu diners, també escrieuríeu?
- Sí, també escriuria... Potser escriuria més.
Moito gosto dese ton nostálgico das derradeiras páginas do quadern, a narración deses días que seguramente Pla vivéu con preocupaçom, e lembróu na vellez com nostálgia, cando, despóis de adicar a vida enteira ó periodismo, reescrivía as páginas do diario nas que narra cómo Quim Borralleras o introducía, por pura necesidade, nese mal ofici.
En Gregorio Marañón ábrese a porta tras de mín. Apenas hai sítio, pero um home de traje consegue apretarse á minha esquerda levando da man a um pequeno com baby de colegio. Á minha dereita, mirándome com desconfianza, comprobando a imposibilidade de achegarse ó pai, entróu outro neno, seguramente o irmán, ums dous anos maior, tamén com baby. Sempre me sorprenden os cachos de conversa escoitadas ó aire, que, fora de contexto, semelhan sem sentido. O pai está a lhe contar ó pequeno, duns catro anos :
- ... y este arma puede disparar hasta 7 balas por segundo
Nom podo mirar, así que nom sei se lhe está a ensinar um arma ou qué.
- y tiene un cargador de 20 cartuchos
Agora vejo ó neno, que mira dende abaixo, coma se estivera num abismo
- así que necesita 3 segundos para vaciar el cargador
O neno da dereita tenta chegarse ó irmán, seguramente para saber tamén o das balas
- ... hay otras armas, más pequeñas, que tienen un cargador de 50 cartuchos, más dos en la recámara : 52 en total
Nuevos Ministerios. A porta volta abrirse e fico sem saber se o pai está a preparar ós nenos para a selva ou a educalos nas matemáticas.
Subo os catro tramos de escaleira e, tras esquivar ós repartidores dos periódicos gratuitos, saio por fin á rúa.
Chego ó trabalho, acendo o ordenador, e tento escrever a aventura vivida, como facía um antigo companheiro, o advogado que escrevía no trabalho novelas e relatos das súas viages.

0 comentarios