Blogia
A cova do congro

O último conto de Yolanda

Yolanda, dende a súa cama na UVI do hospital, sempre se aledaba ó verme entrar. Ainda que os tubos na gorxa non lle permitían falar, os seus ollos dicían claro as cousas que pensaba.

- Ola, pequerrecha! Como estás hoxe?
Yolanda fixo un xesto como de fastidio, seguido dunha sonrisiña tranquila.
- (Boh! Ben!) – Yoli nunca se queixaba.
- Mira : este fin de semana estiven na túa casa, e na casa da abuela Claudina, e a qué non sabes quén me manda moitos bicos para ti? : ¡Catuxa!
Os ollos de Yolanda abríronse moito por un momento. Catuxa era unha cadela moi querida por Yoli. Pero ó pouco aparecéu no seu rostro un mohín de reproche :
(- Boh! Os cans non falan)
- Sí que falan, Yoli, o que pasa e que nos non os podemos entender. Por iso Catuxa non mo dixo a mín directamente : doulle o encargo a un gato que andaba pola horta.
Yolanda miroume fixamente :
(- Boh! Pero os gatos tampouco falan)
- E o gato – seguín eu – tampouco mo dixo a mín, que non o entendería. Díxollo a unha pita que saíra do curral.
Yolanda seguía mirandome, agora parecía enfadada :
(- Estasme a tomar o pelo)
- E a pita que colleu o recado foillo contar ó galo, ese que sempre está a enredar pola corte.
Yolanda apretoume a man mentras me miraba.
(- O galo!)
- E o galo foillo chichuar a un ratiño que ten o niño nun buratiño, xunta o curral.
Yolanda voltou abrir o ollos moito, e apretoume máis a man.
( - Un rato!)
- E o rato, que sempre entra na corte dos porcos, foille co encargo a un ranchiño, que llo dixo á nai, esa porca grande que sempre se sube coas pezuñas no valado.
Agora a mirada de Yoli mostraba extraneza cuns ollos moi abertos
(- Un ranchiño e unha porca??).
- E a porca foi a que lle dou o recado á abuela Claudina, que foi que mo dixo a min.
Entón a cara de Yolanda iluminóuse toda e sorríu :
(- Entón é certo, porque a abuela Claudina sí que fala cos porcos!)

0 comentarios