Blogia
A cova do congro

Donramiro vs donsion

Bieito Carbalho, presidente do Donramiro futbolclú (así, “futbolclú” aparecía no escudo) andava preocupado. Era a última jornada da liga, e o Donramiro nom tinha garantida a permanencia na categoía. Pola tarde jogávase o partido onde se decidiría todo, contra o Donsión, en partido de rivalidade local. O Donsión fora, ese ano, claramente superior, e estava já salvado. Pero que ían ir polo partido, seguro, para tentar mandar ó eterno rival ó descenso.
A hora do partido chegava e Bieito nom acougava. Já lhes prometera ós jogadores umha cea coas mulheres na súa churrasquería se ganhavan, ó entrenador prometéralhe dous jamóns, e ata os recolhepelotas tinhan prima. Todos estavam motivados para a ocasión. Todos! Todos... menos...
“O árbitro! Hai que falar có árbitro”. Pensóu Bieito. “Sí. Sí. Decidido.”
E Bieito Carbalho, home honesto de Donramiro, foi na busca do árbitro coa idea de fazer trampas, por primeira vez na súa vida.
Topóuno churrasquería, comendo. “Isto facilita as cousas”, pensóu, “está na minha casa”.
O caso é que Bieito sentóu onda él sem dizer quém era, e comezóu a falar ata conseguir um pouco de confianza. Chegado o momento apropiado, Bieito presentóuse como presidente do Donramiro futbolclú e fixo a súa oferta : “umha cesta con jamóns, chourizos, e güisqui”. Ante o silencio do árbitro, Bieito engadíu “e máis dúas botelhas de canha de hervas”. Para a súa sorpresa, o colegiado tan só dijo “¿I en efectivo?”. Bieito dubidóu ums segundos para dizer : “e máis cinco mil pesetas en efectivo”. O árbitro limpóu a boca com gesto suficiente, chamóu polo camareiro e, sinalado a Beito díxolhe : “Páselhe a conta a este senhor”, e despóis, mirando ó presidente : “O meu coche é um R12 verde. Pode deixar a cesta no maletero. Estará aberto”. E, colhendo um escarabelhadentes da mesa marchóu pola porta.
Cando comezóu o partido, Bieito tinha ó seu lado, no palco, umha enorme cesta com dous jamóns, cinco chourizos curados, tres botelhas de J&B, dúas de canha e um sobre con 5.000 pesetas. E comezóu o partido.
O Donramiro saléu en tromba. Víase que os rapaces estavam motivados. Corrían por todo o campo, controlavam o balón, estavam firmes na defensa, e atacavam adiante con perigo. Así, fruto de este dominio, no minuto 23 de partido chegóu o gol do Donramiro numha jogada pola banda de Angelito. Bieito Carbalho pegóu un chimpo de alegría que casi lhe fai caer a cesta. Qué partidazo estavam a fazer! De jogar así toda a tempada, cáseque deberían estar a loitar polo ascenso.
Continuava o partido, o Donramiro seguía a controlar o balón, e as oportunidades sucedíanse. “Realmente nom fazía falha ajuda alhea para ganhar este partido”, pensóu Bieito. “En realidade o árbitro é um espectador máis”. E, imperceptiblemente, cáseque sen ser consciente do que fazía, Bieito Carbalho tiróu um xamón da cesta.
Jogada de novo de Angelito... métese na área... pasa a Moncho que mira a portería, tira coa dereita e.... gol!, “GOOOOOOOOL!” berróu Bieito Carbalho. Dous a cero. E dous chourizos que caeron da cesta.
No momento de pitar o final, cum contundente 5-0 no marcador (incluído um penalty injusto no último minuto), a cara de Bieito reflectaba felicidade e a tranquilidade da permanencia na categoría. Umha cara que só mudóu ligeiramente a sorpresa cando o árbitro, ó se retirar do campo, lhe chiscóu um olho.
Despóis da cambearse e ducharse, jogadores, entrenador e presidente foron á churrasquería a celebralo. De caminho, Bieito Carbalho demoróuse uns instantes para –dixo- “fazer umha gestión”.

Cando o árbitro chegóu ó seu coche, topóu o maletero fechado e sorríu. Ó abrilo, alí estaba a cesta, pero, para a súa sorpresa, únicamente havía nel um sobre branco. Con gesto contrariado, o árbitro abreu o sobre, topando dentro dúas folhas. Tomóu umha e léu : “Adjunto factura que deixóu sem pagar no restaurante. Pode quedar coa cesta polo penalty.“
Á saída do povo, un control da garda civil obligóu ó árbitro a parar. Mentras pensava numha desculpa por nom levar posto o cinto, reconhecéu a cara de Angelito, o goleador do Donramiro. E deseguido soubo que, finalmente, ía ter que pagar a factura.

0 comentarios