Blogia
A cova do congro

Cambeo climático

Aviso : o que continúa tem umha forte componhente especulativa.

José Enrique Campillo en El mono obeso (interesante livro sobor da orige e particularidades do metabolismo humán), adica umha parte a descreber cómo era a terra (e a alimentaçom dos nosos ancestros) na orige do género homo, fai ums 10 milhóns de anos. Titula a este capítulo "El paraíso terrenal" (desafortunado epónimo num livro evolucionista), e comeza así : "Hace unos veinte millones de años, durante el Mioceno, la tierra vivió unas condiciones climáticas paradisíacas. Los casquetes polares, con un emplazamiento diferente del actual, apenas eran unas pequeñas manchas de hielo; el nivel de los mares era mucho más elevados que en la actualidad  [...] el clima era especialmente cálido y húmedo, con lluvias abundantes, lo que condicionó la expansión de interminables selvas ecuatoriales y tropicales que rodeaban al mundo como una faja verde [...] Desde las costas del Atlántico en África hasta los confines de Asia se extendía un bosque impenetrable". Ao senhor Campilho sóbralhe moita literatura no livro, pero a hipótese semelha, ademáis de respaldada polo registro fósil, razoável  : um quecemento global leva a maior evaporaçom de auga, e polo tanto máis choivas, máis densidade arbórea, máis energía disponível para os seres vivos, etc.

Se isto é así, semelha que o cambeo climático que está a sofrer a terra vai traer um novo edén, máis ainda por canto os vegetáis vam ter CO2 para se fartar.

¿Porqué -entón- hai desertos?

Popularmente asociamos o deserto com area seca, ou, milhor dito secada, como se um día fose terra fértil , e fora desertizándose pouco a pouco. Sem embargo, a area é um producto típico do mar, onde é arrastrada polos ríos. Ponhamos o Sahara. Tendemos a pensar que o Sahara era parte da selva africana que, situada na parte máis quente do continente, foi secando pouco a pouco. A realidade é bem diferente : o Sahara era um gran mar que, probábelmente por umha elevaçom do terreo, ou bem por umha falha geológica, deu en vaciarse, literalmente, no Mediterráneo (Sánchez Dragó identifica este episodio có afundimento da Atlántida). A famosa "cova dos nadadores" de Lazlo Almasy (inspirador da novela El paciente inglés) tem debuxos de nadadores que nom vivían numha selva com lagos, senóm numha ilha no mar do Sahara. Ao vaciarse o mar, o légamo salgado que ficóu nom resultaba ajeitado para o crecimento vegetal, e já sabemos o resultado.

Desta forma, o deserto nom é o resultado dum lento proceso de quecimento e secado, senom da infertilidade do terreo e a incapacidade para atraer choiva. Á auga pásalhe o que a violencia : onde máis hai, máis cae. Para que se produza a choiva ténhense que dar dous factores : que o vento arrastre nubes, e que a humidade do aire se sature. Para o primeiro debe haber umha fonte de auga (ou humidade) perto. A propia masa forestal val perfectamente -como sucede no Amazonas-. Para o segundo -que a humidade se sature- debe haber, en primeiro lugar, humidade alta no ar. E despóis algo que faga que a masa húmida se comprima, coma umha montanha ou outra masa fría que colisione.

Onde quero chegar con tudo isto? Nom o sabía cando comecéi a escrever. A ver agora :

O quecimento global, ao contrario do que se pensa, nom crea desertos : globalmente as precipitaçoms deben aumentar.

O deserto trae máis deserto. E a selva trae máis selva. Globalmente, a cantidade de selva debería aumentar có quecemento. Porqué nom é así? Porque estamos a perder chan fértil. E, como a choiva tem que caer, cae en zonas onde nom será absorvida -nom confundir com retida- pola vegetaçom, i é conducida polos ríos, provocando inundaçoms. A alguén lhe soa?

Qué podemos fazer?

Enriquecer o chan e plantar vegetaçom.  O empobrecimento do chan, provocado polo traslado dos nutrintes que consumimos a fosas (vertedeiros, mar) onde nom sirven de nada, frena a espiral de "vida atrae vida".

Um -mal- ejemplo : qué melhor forma de acelerar o deserto que un cultivo que empobrece a terra e impide -por medio de plásticos- que fuxa a humidade?

Sobran ecologistas e falhan engenieiros de montes. Sequía e desertizaçom nom som producto de ningún cambeo climático. Mentras sigamos a mirar para arriba, á capa de ozono, e nom para abaixo, á terra, nom estaremos no caminho correcto.

0 comentarios