Blogia
A cova do congro

Mínimas historias tímidas

(I)
CES4R e 1RENE conhecéronse num chat. Tinhan moitas cousas en común : trintaetantos anos, programadores, solteiros, e umha inconfesável timidez que fixera que nengúm tivera numca moz@.
Durante meses estiveron a se escrever sem se ver as caras. Numca ocasión 1RENE díxolhe a CES4R de cambear fotos, pero el nom quixo. Finalmente, CES4R propuxo que se conheceran em persoa. “Pero quero fazer um experimento”, díxolhe. “Vamos quedar numha cafetería do centro o venres pola tarde. Imos ir por separado. Nom sabemos cómo é o outro, pero, despóis de falar tanto, deberíamos ser quem de reconhecermos, nom?. E hai que desemular, nom vale dar pistas. Será coma um jogo”. E así, o venres pola tarde 1RENE, cum livro entre as maus, estivo dúas horas no “Catro gatos”, mirando ata nove diferentes CES4R, ningún dos cales se acercóu onda ela, mentras CES4R, por enriba dumha revista, clasificóu a cinco 1RENEs, sem que nengumha mirase para el. De volta no chat, e tras asegurarse ambos de que cada um fora á cita, riron sobor das images que fazemos dos outros. “Pero qué cor de pelo tes?” perguntóu 1RENE. “Nom vale”, dixo CES4R, “témonos que reconhecer polo que sabemos da persoalidade.”. E así decidiron darse umha nova oportunidade, esta vez na sección de discos da FNAC.
Pero tampouco se reconhecerom. “Demasiada xente”, justificóuse CES4R. E voltaron tentalo numha conferencia do Círculo. E num concerto no Galileo. E, finalmente, numha exposiçom de fotografías.
Na exposiçom nom havía moita gente. 1RENE, despóis de descartar a varios candidatos, cruzóu finalmente a mirada cum home, que despóis continuóu a mirar para ela. “Tem que ser” pensóu. Baixóu a mirada tímidamente, sorríu, e voltóu mirar ó home com complicidade. El sorríu levemente. Remataron de ver as fotos, e á saída da exposiçom, o home acercóuse a 1RENE. Sem levantar a mirada do chan, có que parecía un tremendo esforzo dixo : “Queres tomar un café?”. “Claro”, aceptóu ela. E foi así como 1RENE conhecéu ó seu marido : um rapaz tímido e simpático, que nom se chamava CES4R nem savía nada de chats.
Mentras isto sucedía, CES4R acercárase a umha rapaza alta de gafas dizindo “Ti estabas no ‘catro gatos’ o outro venres, verdade?”, ó que, a rapaza, encantada, respostóu “Síii”. Aos tres meses, ainda que ela nom chamase 1RENE, vivían juntos.
De cando en vez, CES4R e 1RENE aínda se citan num restaurante, um teatro, um concerto, umha manifestaçom... Ainda nom se conhecen, e seguen a fazer amigos.

(II)
Raúl conhecéu a Berta no primeiro ano de carreira, na facultade de Informática de A Corunha. Berta era de Ponferrada, e fora a estudar a Corunha porque tina uns tíos alí. Conhecéronse na parada de autobús, perguntando á vez se aquil subía á Zapateira. A casualidade da pregunta simultánea fíxoos rir, e acabaron sentándose juntos na facultade. Pero Berta duróu pouco na carreira. Os ordenadores aborrecíanlhe, e botava de menos á familia. Despóis das vacacións do nadal nom voltóu de Ponferrada.
Debéu de ser entón, cando ela marchóu, que Raúl se decatóu de que se namorara.
Demasiado tímido para contarlhe a Berta os seus sentimentos, Raúl desfogóu a súa ansia en escribirlhe cartas. Cartas que nom falavam de amor (cómo podería?), que falavam primeiro do tempo, despóis da gente, e máis adiante de historias. Primeiro reáis, e despóis inventadas.
Ensimismado na súa bohemia, Raúl déu en escrever cada día umha carta. Descoidando os estudos, ficando desperto ata altas horas, escrevéulhe contos, poemas, e ata pequenas obras de teatro, que esperava espertaram en Berta umha simpatía, ademiraçom, e, porqué nom?, o amor...
Berta, que vivía numha casa dos antigos trabalhadores de Endesa, ás aforas de Ponferrada, esperaba cada día con ilusión a chegada do carteiro coa carta de Raúl. As vezes as cartas levavam debuxos por fora, i entón o carteiro bromeava com Berta, perguntando quém era ese rapaz da Corunha que tanto lhe escrevía. Ela nom mentía : “um amigo”.
A cousa duróu moitos meses. Raúl tínhase que esforzar para ter todos os días cousas que dizer, historias que contar. Pero cando chegava umha carta de Berta dizíndo cánto se alegrava ó recever as súas cartas, Raúl savía que todo o esforzo pagava a pena.
Chegava o final de curso e Raúl savía que ía suspender todas. Pero nom lhe importava. Chegava o vran, e pensava ir a Ponferrada. Ainda nom lhe dixera nada a Berta, nunca lhe expresara os seus sentimentos, pero a estas alturas (razoava Raúl) tinhan que estar claros. E Berta, aínda que últimamente escrevía cada vez menos, algo tería que sentir se tanto lhe alegrava recibir as súas cartas.
Foi o día que saléu a última nota : análisis matemático. Un 5. O único aprovado. Raúl alegróuse, pero cáseque máis ó chegar á casa e ver que tinha carta de Berta. Abréuna deseguido :
“Querido Raúl : nunca te vou poder agradecer o que fixestes por mín este ano. Ó principio sorprendéume que me escreveras. Pero, pouco a pouco, sem cáseque darme conta, comezéi a esperar todos os días a chegada do carteiro com umha ilusión desconhecida. E así, ós poucos (nunca cho dixen), foi surgindo o amor. Sí, o amor, que aparece, como a risa, nos lugares e momentos menos esperados.”. O corazón de Raúl latía con forza, mentras seguía a ler : “Por iso tal vez notaches que te escrivín pouco nos últimos meses. Pero agora tenho que cho dizer : as túas cartas cambearon a minha vida, e, gracias a elas, o próximo mes vou casar cum home maravilhoso.” Raúl tivo que ler estas palavras moitas vezes, antes de pasar ás seguintes : “Chámase Mario i é carteiro.”

(III)
O comezo de esta historia é moi vulgar.
Armando e máis Eva conhecéronse na boda dums amigos. Eva era vicinha e amiga da noiva, e Armando era um dos moitos carteiros companheiros do noivo : Mario. A pesar da timidez de Armando, deron en falar porque compartían a mesa dos solteiros e porque resultóu que Armando era o carteiro de Eva. “Fíxate”, comentava Eva, “tantos anos que pasas pola minha casa e nunca tinhamos falado”. “E que eu”, justificábase Armando, “nom sou coma o Mario. Apenas falo coa gente. Só cando levo algún certificado”. Despóis falaron da curiosa forma como se conheceran os noivos, en qué estudava Eva, ós cans que tinhan algúns vicinhos...
Ó marchar, Eva despedíuse com “A ver se agora falamos algumha vez”, ó que Armando respostóu “Darasme alomenos a túa direcçom”, que fixo que Eva voltase rindo para a casa.
Durante dúas semanas nom voltaron verse. Eva apenas recevía cartas, e Armando, que nom tinha excusa para chamar a casa de Eva, sempre pasava de largo. Pero um día chegóulhe a Eva umha carta de um tal Luis, de Madrid. Armando entregóu a carta en man. Falaron das poucas cartas que recevía Eva, “que fíxate que por fin recevo umha e falamos”, da boda, de Mario e Berta que acabavan de voltar da viage de novios... e Armando siguéu có reparto.
Ó día seguinte Eva voltóu ter carta de Luis de Madrid. E o seguinte tamén. E todos os días dos seguintes catro meses.
E cada día, cando Armando continuava có reparto, Eva sorría ó abrir a carta e comprobar que, outra vez, había dentro um folio en branco.
Por fin, un día, Eva perguntóulhe a Armando se estivera no Castelo Templario. “Nom. Som de esas cousas que, como as tes na túa cidade, nunca as ves”. “Pois eu vou ir esta tarde. Se queres vir...”. E así esa tarde deron um paseo polo castelo, despóis tomaron un café, e remataron á noitinha frente á Casa dos Escudos. Entón, mentras comtemplavan a floración da glicina, Eva colhéu a Armando da man e moi baijinho, pegando os beizos á súa orelha, díxolhe “Temos que falar de Luis, de Madrid”. “Sí”, contestóu Armando “Já sei as cartas as escrevías tí. Dende o primeiro día fixéime en que o mataselos era de Ponferrada”
Eva iba a protestar, pero pensóuno milhor e bicóu a Armando cum sorriso. “Pero manhá”, pensóu para sí “iréi ter umhas palavras com Mario e mais Berta”.

0 comentarios