Blogia
A cova do congro

Geografías

De neno tivem un sonho repetitivo, que, durante umha longa tempada sonhaba tódalas noites : eu flotaba no ar, no medio de mulheres blancas de carnes abultadas, e atravesaba os grandes peitos (creo lembrar que todo o corpo) con agulhas de calcetar, largas, interminablemente. Nom había sangue, nem dor, nem culpabilidade. Eu entraba na cama coma um sacerdote no templo onde se vai facer umha grande cerimonia mística (de sexo e morte, pero sen sexo nem morte), e prolongaba o sonho dende o primeiro bater de olhos ata ficar durmido nese paraíso quente.
A interpretaçom freudiana é moi sinxela de facer. Nom me interesa.
Interésame topar, agora que sei que nom se poden atravesar tetas con agulhas de calcetar, o caminho de volta a ese paraíso perdido.

1 comentario

irene adler -

un niño hunde la mano en su fiebre y saca astros que tira

al aire / y ninguno ve

yo tampoco los veo /

yo sólo veo un niño con fiebre que tiene los ojos cerrados
(...)
niños, juan gelman