Blogia
A cova do congro

Heróis locáis

Os arpegios de Mark Knopfler tráenme á mente as imaxes do Norde de Escocia, onde um obstinado velho nom entendía porqué lhe chamaban progreso a vender o seu povo e máis a praia a umha petrolera para seren ricos e vivir num piso de Glasgow. Mentras o resto da xente discutía se um Rolls era milhor que um Maseratti porque no maletero colhían máis caixas de peixe, Ben, o local hero adicábase a pasear pola súa praia, desfrutando da vida da única forma que conhecía. Cecáis da única forma posível.
En Night on Earth, no segundo episodio da película, umha directora de casting vai num taxi conducido por Wynona Rider, falando incesantemente polo móvil. Está a buscar umha nova actriz, xoven, dura, um pouco basta. Entre chamada e chamada, fala coa taxista, que lhe conta as súas aspiraçoms na vida : ser mecánico de coches. Pouco a pouco, a buscadora de talentos vai vendo na taxista á candidata ideal para o papel que busca. Finalmente, coa cara iluminada de ilusión, ofrécelhe a oportunidade da súa vida : ser actriz. A taxista, míraa extranhada e lacónicamente responde “Nom, gracias”. A cara de asombro da directora de casting nom tem prezo “Maybe you don’t understand what I mean. I’m proposing you to be a MOVIE STAR!”. A taxista volta refusar. E a directora insiste “But… EVERYBODY wants to be a movie star”. “Not me” contesta a taxista “I want to be a mechanic”. E marcha, deixando á elegante senhora sumida na desorientaçom.
A minha maior aspiraçom é chegar á sabedoría de eses local heroes, que conservan su claridad en medio da estupidez circundante.

1 comentario

L.Q.B. -

:)
Lembra-me que che conte as casualidades com essa péli. Ai, Escocia...