Blogia
A cova do congro

Luz

Cando trabalhaba en Lalín tinha um despacho com umha enorme fiestra. No medio daquela carbalheira na que estaban as oficinas da empresa nunca entraba demasiada luz, i eu tinha sempre as persianas levantadas, e así vía eo senhor Colmenero pasar coa carretilha de esterco, a Espinho aparcar cando vinha de tomar um tróspiro, e as folhas dos carbalhos verdecer ou caer ó chan.

Cando vinhen a Madrid tudo cambeou. Nom tiven máis despacho, e as oficinas tinhan longas fiestras, pero sempre estaban as persianas baixadas, como se o sol ou a visión do exterior molestaran ao trabalhador. A iluminaçom artificial daba umha sensaçom de ilocalidade e intemporalidade, e cecáis iso é o que se perseguía. Estiven en varias oficinas : tudas iguais.

Agora, no novo trabalho, tenho um despacho, que comparto com um triste companheiro. Dá a umha esquina do edificio, polo que a metade das paredes som vidro. Ata hoje nom fun consciente de que, coma sempre, as persianas estabam baixadas. Esta tarde, á volta da comida, aproveitando que estaba só, viréi um pouco o mando da veneciana. Nom quero que se note, pero están a entrar umhas raiolas de sol.

A cara de Casiopeia, iluminada, parece um sorriso.

2 comentarios

Milton -

Hay que ver cómo echo de menos esa luz, llevo tres meses en un hangar sin ventanas, pensando en convertirme en fumador habitual para poder salir a la calle a disfrutar de Lorenzo, aunque castigue con 40º.
Te entiendo perfectamente, Congro, perfectamente.
Espero poder cambiar a una esquina rodeada de ventanas.

tío pepin -

Máis luz!, que din que dixo Goethe...

En todo caso eu entrei aquí para felicitarlle o San Congro.