Blogia
A cova do congro

Sexta

Sexta

A cita é en Callao, pero nom se pode agardar na porta de um asador para ir a comer bolinhas de peixe. Lógicamente trocamos o sushi pola carne, e damos cumplida conta do churrasco, com postre, café e copa. A comida pide sobremesa longa, e decidimos probar sorte numha das melhores vistas de Madrid. Témola, e colhemos mesa justo ó lado da fiestra, a mirar sobor dos telhados dos Austrias, Palacio Real, Teatro da Opera, Gran Vía... Tiro umhas fotos e pedimos ums tés. O camareiro manexa a iPaq com soltura, pero nom conhece um Earl Grey. Finalmente, convencido de traer o que pedíamos, sirve um té chino de sabor ambiguo. Nese momento, na cafetería do Corte Inglés de Callao, realmente pódese tocar o ceo. Já remataron os que comían, e ainda nom chegaron a velhas que venhen pasar o tempo. Respírase um ambente de intemporalidade. Pola fiestra, um día claro, a vista profunda trae preguntas de ata ónde chega Madrid, qué é aquelo do fondo, e mira que dende abaixo parece feo.

Cando chega o Luis o horizonte achégase e as supernovas alónxanse. Os moteros miran o ceo con preocupaçom. No segundo té já é de noite. Chove.

Tiro umhas últimas fotos e marchamos.

0 comentarios