Blogia
A cova do congro

Tenho um corpo que ten que morrer
pero nom o sabe.
Mecánicamente come, respira, impulsa o sangue,
caminha. Así : sem pensalo. Coma se fose viver sempre.
I eu, que vivo dentro de este corpo manso e sumiso
dócil,
que obedece (cando pode)
ó meu pensamento
comezo, pouco a pouco, a lhe ter o carinho
que se ten ós cans
que nom morden.

É umha historia longa, a do meu corpo
un día, se me deixa, heina contar
pero diréi, como adianto,
que o meu corpo tivo um filho (com outro corpo)
e que agora, o corpo dese filho, leva, dentro, ó filho meu.

Nom séi cómo chega um a nacer num corpo
antes facíame estas perguntas
já nom
agora
miro pasar o tempo
e espero sentado
-sobre o cú do meu corpo-
o día en que o veja marchar
e lhe diga adéus velho amigo
já fico eu

sem o teu sostén.

0 comentarios