Blogia
A cova do congro

O último xerol

Na aldea de Fontao, en Vila de Cruces, Yolanda contóume como se formóu o mundo :

“Ó principio de todo había polvo. Nada máis que umha inmensa nube de polvo no espacio, que, pouquinho a pouco se foi juntando ata fazerse umha gran bola de polvo. Esta bola ja casique era o mundo, pero nom había criatura que puidera existir enriba del, porque seguía sendo polvo. Foi entón cando aparecéu nel a semente de un xerol.
O xerol é umha árbore de tronco moi, moi pequeno, pero de raíces longas e poderosas. Este primeiro xerol medróu, e, pouco a pouco, foi extendendo as súas raíces pola masa polventa. O xerol botóu froito e naceron máis xeroles, que foron facendo umha rede de raíces que envolveron o polvo todo, compactándoo, e converténdoo en algo denso e duro : terra. Terra firme.
Apretaron os xeroles a terra que comezóu a suar auga, e fixéronse os ríos e o mar. O sol quentóu a auga e houbo nuvens. E despóis, chovéu.
Coa chuvia, comezaron as floracións dos xeroles, que son tres. Na primeira, os xeroles comezaron a botar flores de carbalho, loureiro, ameneiro, bidueiro, salgueiro, teixo, cerdeira... que caeron no chan e prenderon inmediatamente. Houbo así um planeta enteiro de fragas de todos os verdes posíveis. Comezóu entón a segunda floración. Nesta, ós xeroles brotaronlhes nas ponlas margaridas, caravéis, violetas, malvas, azuzenas... que prenderon no chan e apareceron no mundo prados, veigas e jardíns de todas as cores posiveis. Por último, na terceira floración, botaron os xeroles umhas flores brancas moi pequeninhas. Ó darlhes o sol, as flores abriron e sairon delas uns pequenos vermes azúis, milheiros de vermes que foron baixando polos xeroles ata o chan e que comezaron a arrastarse polo mundo. Ó ponherse o sol, os vermes comezaron a comer, cada um de umha árbore ou planta diferente, e a medrar e engordar. Pola manhá, todos os vermes estaban gordos e quedos. Entón, como ser fosen vainas, os vermes abriron e comezaron a saír umhas cousas rarísimas. Ó verme que comera erva do río abréuselhe o ventre e saléu umha troita coas cores do arco da velha. De outro que comera centeo nacéu umha vaquinha marela con olhos negros de rocío. Do que comera chuchameles saléu umha abelha. Do que comera folhas de teixo saléu voando um minhato. Dun verme moi pequeño que coméu corteza de freixo nacéu outro verme, de cor branca. E así foron nacendo todos os animáis do mundo.
Do último de todos, um verme moi preguiceiro que deu en comer folhas do propio xerol, nacéu umha mulher.
E así, daquela nuve de polvo, xurdíu un planeta cheo de vida.”

Yolanda sabe a historia porque lha contóu a avoa Isabel, que o sabe pola avoa Claudina.
Pero o máis importante de esta historia, dí Yolanda, é lembrarnos que si a terra segue firme é porque as raíces dos xeroles a siguen a soster. Por iso Yolanda anda con tanto tento cando caminha polo monte. Nom vaia ser que sen querer, pise un xerol. Porque son moi pequenos, e xa nom quedan moitos.

- E –contoume Yolanda- o mundo volverase desintegrar cando morra o último xerol.

0 comentarios